Pablo Neruda
 
 
Veinte poemas

Pablo Neruda, seudónimo de Neftalí Ricardo Reyes Basoalto, nace na cidade de Parral, próxima a Santiago de Chile. Mais a súa infancia transcorre en Temuco, cidade meridional da Araucanía, onde seu pai, que enviuvara poucos días despois do nacemento do poeta, traballaba como ferroviario e casara de novo con Trinidad Candia Marverde, o anxo tutelar de Neruda, a súa “mamadre”, como el a denomina. A forza natural daquelas terras austrais -e o amor-, constitúen a fonte primeira da que brota a poesía de Neruda: “De aquellas tierras, de aquel barro, de aquel silencio, he salido yo a andar, a cantar por el mundo. De Pablo Neruda poderíamos dicir, parafraseando o inicio de La vorágine de J. E. Rivera: "antes de que se hubiera apasionado por mujer alguna, jugó su corazón al azar y se lo ganó la poesía", pois desde os días felices da infancia abre de forma rotunda e definitiva as portas á poesía, paixón que xa non abandonará até o final dos seus días, poucos días despois dos tráxicos sucesos que concluíron co derrocamento de Salvador Allende (1973). Esa paixón é a que descobre o lector nos versos memorables de Veinte poemas de amor, e revélase, acaso con maior intensidade, no sublime Canto general, poema épico e maxestuoso en que o poeta evoca e invoca a América telúrica, histórica e social, desde as civilizacións precolombinas até os heroes campesiños do Chile contemporáneo, e remata cun canto á solidariedade do proletariado.
Residencia en la tierra representa a incursión plena de Neruda na corrente vangardista do surrealismo. Son versos dun clima anímico sombrío e desolador, forxados a partir de imaxes oníricas que brotan dos abismos máis escuros da alma do poeta.
En Odas elementales asoma a veta humorística, optimista e exultante de Neruda para cantar realidades cotiás e prosaicas.
Con España en el corazón renace o compromiso político e solidario de Neruda coa proposición dunha poesía social e combativa nacida de experiencias tráxicas da Guerra civil.
Outras obras de Pablo Neruda (Extravagario, Cien sonetos de amor, Memorial de Isla Negra, Fulgor y muerte de Joaquín Murieta) confirman a Neruda como un dos poetas máis fecundos que deu a literatura do século XX, sen abandonar nunca unha forza oceánica e paixón vitalista que espellea en cada unha das súas páxinas ao igual que en todas as actuacións e manifestacións da súa vida.
Confieso que he vivido, autobiografía en prosa, é un dos libros de memorias máis fascinantes que se teñan escrito; e non só pola elegancia da súa prosa poética, senón tamén pola mirada lúcida con que analiza os acontecementos culturais e históricos dos que foi un importante protagonista. A visión tan cercana e vívida que nos ofrece, tanto de destacados personaxes da literatura e a política do seu tempo como de persoas anónimas coas que se relacionou, deixan traslucir a humanidade e xenorosidade que caracterizou un home que, se foi excesivo como poeta non o foi menos como persoa comprometida e solidarias cos desherdadados da terra.

Datos de interese

Cónsul en distintas cidade do Oriente asiático

Vivíu en Madrid o período da Guerra Civil

Director da revista Caballo verde

Premio Nacional de Literatura (1945).

Premio Nóbel de Literatura (1971).

Premio Lenin da Paz (1972).

 
Poemas
Autopoética
Ligazón